Senda Carballo-Bértoa







O tramo 8 do sistema de pistas ciclables estenderá a conexión da zona urbana co polígono industrial de Bértoa, a través da senda ciclable peonil existente na avenida Bértoa, que permitirá, polo tanto, a continuidade cara ao centro da cidade. Esta acción levarase a cabo no corazón de Carballo, eliminando un dos carrís do lado esquerdo da rúa Vázquez de Parga. Esta actuación levarase a cabo integramente pola vía pública.