Campaña de sensibilización
As actuacións que se desenvolverán no marco do proxecto singular CICL-ANDO Carballo agrúpanse en dous bloques diferenciados. O primeiro engloba actuacións consistentes na realización de 17,605 Km de sendas ciclo-peonís no ámbito urbano e de conexión coa praia de Razo, de altísima utilización na época estival e que tamén é importante durante o resto do ano debido a que é un lugar de segunda residencia da poboación local e polo auxe nos últimos anos da práctica deportiva do surf. O segundo bloque refírese á campaña de concienciación en mobilidade sostible: unha campaña de comunicación, sensibilización e promoción, coa tripla finalidade de informar á cidadanía acerca das medidas postas en marcha e planificadas polo Concello para o fomento da mobilidade sostible, concienciar á poboación acerca da necesidade de modificar certos hábitos nos seus desprazamentos diarios e/ou ocasionais e promocionar modos de transporte máis benévolos co medio ambiente.