Que é Cicl-Ando Carballo

“CICL-ANDO Carballo” é un proxecto singular co que o Concello de Carballo quere acadar o obxectivo último de conseguir un cambio modal significativo na mobilidade no núcleo urbano de Carballo.

A realidade da estructura viaria actual do noso núcleo urbano supón un alto uso dos vehículos privados, o que ten como consecuencia principal unha grande cantidade de emisións de CO2 á atmosfera polo volume de tráfico.

Para reverter esta situación e reducir a pegada de carbono do noso concello promóvese este proxecto singular, como continuación das primeiras sendas peonís e ciclistas xa postas en marcha con anterioridade.

Este proxecto está conformado por un total de 9 sendas que conectarán varios dos accesos á vila de Carballo con zonas como Razo ou o Polígono de Bértoa, entre outros lugares.