Senda perimetral Polígono
O tramo 9 da intervención é unha senda cicloturista que percorre o perímetro do parque industrial de Bértoa, que permite o acceso ao ciclo peonil desde calquera punto, complementándoo coas accións dos tramos 1 e 2. Tamén proporciona á zona verde do Polígono dun itinerario lúdico-deportivo que o conecta coa zona urbana de Carballo e, polo tanto, co resto de zonas rurais cubertas pola rede ciclista. O percorrido realizarase ao longo de estradas existentes que discorren en parte polas zonas verdes, mellorando as condicións da capa de rodaxe, a seguridade e a sinalización.