Páxina web

Nome do proxecto: Páxina web
Orzamento: 9.982,50€
Estado: 100% 100
Adxudicatario: Deindo Ideas S.L.U.

Ademais da construción de 17,605 Km de sendas ciclo-peonís, o proxecto CICL-ANDO Carballo inclúe unha campaña de concienciación en mobilidade sostible: unha campaña de comunicación, sensibilización e promoción, coa tripla finalidade de informar á cidadanía acerca das medidas postas en marcha e planificadas polo Concello para o fomento da mobilidade sostible, concienciar á poboación acerca da necesidade de modificar certos hábitos nos seus desprazamentos diarios e/ou ocasionais e promocionar modos de transporte máis benévolos co medio ambiente. Con ese obxectivo deseñouse esta páxina web, concibida como unha plataforma de difusión permanente do proxecto.