“CICL-ANDO Carballo” é un proxecto singular co que o Concello de Carballo quere acadar o obxectivo último de conseguir un cambio modal significativo na mobilidade no núcleo urbano de Carballo.
Este proxecto está conformado por un total de 9 sendas que conectarán varios dos accesos á vila de Carballo con zonas como Razo ou o Polígono de Bértoa entre outros lugares.
Inclúe a construción de 18 quilómetros de sendas e dunha rede de aparcadoiros para bicicletas que contribúan á promoción da mobilidade sostible e á redución da pegada de carbono.
Novidades
- O proxecto Cicl-Ando Carballo vén reforzar as accións para converter o noso concello nun lugar cada vez máis seguro e accesibleUnha ruta a pé e outra en bici permitirán coñecer, entre hoxe e mañá, as novas rutas ciclopeonís que comunican a zona urbana co polígono e con Razo A SemanaLer mais
- O proxecto Cicl-Ando Carballo será o eixo das actividades da Semana Europea da MobilidadeTeremos andainas, rutas en bicicleta, actividades de seguridade viaria, concursos, charlas e xogos na rúa para peques e maiores A Semana Europea da Mobilidade é unha cita cada vez máisLer mais
- Un ano despois da consecución dos fondos europeos, xa están en marcha todas as actuacións do proxecto “Cicl-Ando Carballo”Xa están adxudicadas as obras de seis das nove sendas previstas, e as outras tres están en fase de contratación Hai un ano recibiamos a boa nova da concesión dunhaLer mais
Axenda
2024Outubro | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
D | L | M | M | X | V | S |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||