Rede de aparcabicis
Inicio obra:
-
Lonxitude:
-m
Orzamento:
39.917,12€
Estado: 100%
Adxudicatario:
Globalia Urbanismo Integral S.L. A creación dunha rede de sendas ciclo-peonís complétase coa implementación dunha serie de aparcamentos en lugares estratéxicos, coa fin de fomentar a mobilidade ciclista e peonil en todo tipo de desprazamentos que se realicen no municipio. As localizacións determináronse en función do tempo de permanencia nestes lugares, preferentemente edificios públicos con afluencia de visitantes e centros de traballo. Serán 15 emprazamentos, que se sinalizarán a base de paneis informativos e que, ademais dos propios aparcabicis, nalgúns casos contarán con marquesiñas.
