Xa están adxudicadas as obras de seis das nove sendas previstas, e as outras tres están en fase de contratación
Hai un ano recibiamos a boa nova da concesión dunha subvención de 1.713.295 euros para converter en realidade o proxecto “Cicl-Ando Carballo”, que inclúe o acondicionamento de 18 quilómetros de sendas peonís e ciclistas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas e unha campaña de sensibilización en mobilidade sostible. Grazas a esa achega da Unión Europea, que supón o 80% do orzamento do proxecto, o Concello de Carballo reforza o seu compromiso co medio ambiente e co desenvolvemento da Estratexia 2030 a través de proxectos que nos permiten seguir avanzando cara unha mobilidade máis sostible e reducir, en consecuencia, a nosa a pegada de carbono.
Nun tempo récord, dado que o prazo de execución está fixado en 30 meses, o departamento de Contratación do Concello de Carballo xa ten adxudicadas ou a piques de estalo todas as actuacións incluídas no programa:
- Continuidade senda ciclo-peonil: Avda. Bértoa – Polígono Industrial Bértoa. Dende o treito que executou o Concello de Carballo para darlle continuidade polo interior do polígono ata a zona do complexo deportivo das Eiroas, o parque de bombeiros e o novo centro social.
Lonxitude 994 m.- Orzamento 278.398,14 € .- Adxudicada a Vázquez y Reino. - Conexión polígono industrial de Bértoa – Estrada Carballo – Razo (DP – 1902). O novo itinerario ciclo peonil dará continuidade ás sendas definidas no proxecto CICL-ANDO CARBALLO ao longo da DP 1902 “Carballo – Razo” coas definidas e existentes no entorno do polígono industrial de Bértoa.
Lonxitude 920 m.- Orzamento 91,270,76 € .- En contratación. - Conexión carril bici existente en Avda. Razo (DP-1902) con carril bici existente entre rúa Poniente e rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). O obxectivo deste tramo é o de conectar os dous carrís bici existentes na actualidade nas avenidas de Razo e de Malpica.
Lonxitude 1182 m.- Orzamento 96.799,38 € .- Adxudicada a López Cao - Mellora do carril bici xa existente entre as rúas Poniente – rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). O obxecto do proxecto é a mellora do itinerario ciclista que ocupa actualmente a Avda. de Malpica e a creación dun novo itinerario na rúa Fábrica, naqueles tramos onde non existe na actualidade.
Lonxitude 1350 m.- Orzamento 178.425,14 € .- Adxudicada a Excavacións e Obras Candal - Conexión casco urbano – colexio Artai.
Lonxitude 897 m.- Orzamento 178.444,60 € .- Adxudicada a Desarrolla - Senda ciclo peonil de regreso complementaria ao carril bici Avda. Razo (DP-1902). O obxecto da actuación é a definición dunha senda ciclo-peonil na Avenida de Razo de cara a completar o carril-bici existente na avenida de Razo, que discorre dirección saída do núcleo urbano pola súa marxe dereita.
Lonxitude 1240 m.- Orzamento 460.563,45 € .- Adxudicada a Vázquez y Reino - Senda ciclo turística Carballo – Razo. O obxecto desta senda é conectar o núcleo urbano de Carballo coa zona litoral do municipio onde se sitúa a praia de Razo.
Lonxitude 7610 m.- Orzamento 344.111,44 € .- En contratación - Conexión casco urbano – senda ciclo-peonil Avda. Bértoa. O obxecto da actuación é a definición dunha senda ciclo peonil, na marxe dereita da Avenida Vázquez de Parga de cara a conectar a senda existente na Avenida de Bértoa co centro urbano e administrativo de Carballo.
Lonxitude 681 m.- Orzamento 256.960,34 € .- Adxudicada a López Cao - Senda perimetral polígono de Bértoa. O obxecto desta actuación é dotar dun itinerario lúdico-deportivo que enlaza co centro urbano e co resto da rede ciclista.
Lonxitude 4168 m.- Orzamento 110.894,35 € .- En contratación
A rede de sendas vai máis alá do ámbito urbano e terá, ademais da funcionalidade de lecer ou turística, a de facilitar os desprazamentos por motivos laborais ou escolares. Como complemento crearase unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas en dez enclaves diferentes, cuxa execución foi adxudicada xa á empresa Globalia Urbanismo Integral SL por 37.788,97 euros. Entre ambas as medidas conseguirase unha redución no consumo enerxético de enerxía final do 15,52%. O proxecto inclúe, por último, unha campaña de concienciación en mobilidade sustentable, que está agora mesmo tamén en fase de contratación.
O orzamento total acada os 2.141.618,86 euros e a Unión Europea achegará o 80%, que é a máxima porcentaxe posible.